Ir a Portada
  • Español
  • Català
  • Euskara
  • Galego
  • Valencià
Inicio » Aviso legal
Aviso legal
Aviso legal

O obxecto deste aviso legal é regular as condicións polas que o usuario poderá acceder aos servizos que Corporación Mutua, entidade mancomunada de mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social, que figura no Rexistro de Centros e Servizos dependente da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social do Ministerio de Traballo e Inmigración co número 68, poña á súa disposición a través da Internet.

Non obstante, Corporación Mutua pode condicionar a utilización dalgúns dos servizos á obrigatoriedade de ser colaborador/asociado ou adherido de Corporación Mutua e, polo tanto, a dispoñer dun rexistro de usuario, contrasinal e clave de acceso só dispoñible para aqueles que sexan titulares, e cumprir, así mesmo, as condicións específicas de acceso ao servizo.

Responsabilidade dos usuarios por uso e contido

Tanto o acceso aos sitios web coma o uso que poida realizarse da información e contidos incluídos neles será de exclusiva responsabilidade de quen o realice.

Polo tanto, o uso que poida facerse da información, imaxes, contidos e/ou produtos indicados e accesibles a través del estará supeditado á legalidade, sexa nacional ou internacional, aplicable, así como aos principios de boa fe e uso lícito por parte dos usuarios, que serán enteiramente responsables dese acceso e correcto uso.

Os usuarios estarán obrigados a facer un uso razoable dos servizos ou contidos, baixo o principio de boa fe e con respecto á legalidade vixente, á moral, á orde pública, aos bos costumes, aos dereitos de terceiros ou da propia Corporación Mutua, todo iso segundo as posibilidades e fins para os que están concibidos. Corporación Mutua non asume responsabilidades, xa sexan directas ou indirectas, por dano emerxente ou lucro cesante, derivadas do mal uso dos servizos ou contidos realizados polos usuarios ou terceiros.

Información LSSICE

En cumprimento do deber de información contemplado no artigo 10 da vixente Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, comunicámoslle que o responsable da web onde pode descargar diferentes aplicacións é Corporación Mutua, entidade mancomunada de mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social, con domicilio na rúa Príncipe de Vergara, 108 , 11º planta de Madrid, con dominio da Internet www.corporacionmutua.com, inscrito no rexistro correspondente do Rexistro de Centros e Servizos dependente da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social do Ministerio de Traballo e Inmigración co número 68, e que atende comunicacións dos usuarios e/ou interesados no seguinte enderezo de correo electrónico: informacion@corporacionmutua.com.

Os produtos enumerados nesta web non teñen custo económico ningún, pero si ten limitacións de acceso ao público en xeral. O seu contido profesional fai que se limite o seu uso ao sector profesional vinculado a Corporación Mutua.

Concepto de usuario

A utilización da web atribúe a condición de usuario e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste aviso legal na versión publicada por Corporación Mutua no mesmo momento en que o usuario acceda á web. En consecuencia, o usuario debe ler atentamente este aviso legal en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar a web, xa que pode sufrir modificacións.

Información sobre as ligazóns

Corporación Mutua non se fai responsable das webs non propias ás que se pode acceder mediante ligazóns ( links ) ou de calquera contido posto a disposición por terceiros.

Calquera uso dunha ligazón ou acceso a unha web non propia é realizado por vontade e risco exclusivo do usuario, e Corporación Mutua non recomenda nin garante ningunha información obtida a través dunha ligazón allea á web de Corporación Mutua nin se responsabiliza de ningunha perda, reclamación ou prexuízo derivada do uso ou mal uso dunha ligazón, ou da información obtida a través dela, incluídas outras ligazóns ou webs, da interrupción no servizo ou no acceso, ou do intento de usar ou usar mal unha ligazón, tanto ao conectar á web de Corporación Mutua como ao acceder á información doutras webs desde a web de Corporación Mutua.

Información sobre a utilización de cookies

Nesta web utilízanse cookies nalgunhas páxinas. A finalidade desas cookies é mellorar o servizo que ofrecen aos seus clientes e aos nosos visitantes.

As cookies son pequenos ficheiros de datos que se xeran no computador do usuario e que permiten obter a seguinte información:
• Data e hora da última vez que o usuario visitou a web.

• Deseño de contido que o usuario escolleu na súa primeira visita á web.

• Elementos de seguridade que interveñen no control de acceso ás áreas restrinxidas.

Os contidos desta web só teñen carácter informativo

Os consellos deben entenderse como orientativos, Corporación Mutua non responde, en ningún xeito, da súa efectividade; queda exenta de calquera responsabilidade contractual ou extracontractual coa persoa que os reciba. A persoa que recibe estes consellos debe decidir, segundo o seu criterio, a súa oportunidade.

Renuncia e limitación da responsabilidade

A información e servizos incluídos ou dispoñibles a través das páxinas web poden incluír incorreccións ou erros tipográficos. De forma periódica incorpóranse cambios á información contida. Corporación Mutua pode introducir en calquera momento melloras ou cambios nos servizos ou contidos.

Corporación Mutua obtivo a información e os materiais incluídos na web de fontes consideradas fiables, pero, se ben se tomaron as medidas correspondentes para asegurar que a información contida sexa correcta, non garante que sexa exacta e estea actualizada.

Tamén se advirte que os contidos desta web teñen unicamente finalidade informativa.

Información sobre a exención de toda a responsabilidade derivada dun fallo técnico e de contido

Corporación Mutua declina calquera responsabilidade en caso de que existan interrupcións ou un mal funcionamento dos servizos ou contidos ofrecidos na Internet, calquera que sexa a súa causa. Así mesmo, Corporación Mutua non se fai responsable por caídas da rede, perda de negocio a consecuencia desas caídas, suspensións temporais do fluído eléctrico ou calquera outro tipo de dano indirecto que lles poida ser causado aos usuarios por causas alleas a Corporación Mutua.

Corporación Mutua non declara nin garante que os servizos ou contidos sexan interrompidos ou que estean libres de erros, que os defectos sexan corrixidos ou que o servizo, ou o servidor que o pon a disposición, estean libres de virus ou doutros compoñentes nocivos, sen prexuízo de que Corporación Mutua realice os seus mellores esforzos para evitar este tipo de incidentes. En caso de que o usuario tomase determinadas decisións ou realizase accións con base na información incluída en calquera dos sitios web, recoméndase a comprobación da información recibida con outras fontes.

Propiedade industrial e intelectual

Os contidos prestados por Corporación Mutua, así como os contidos vertidos na rede a través das súas páxinas web, constitúen unha obra no sentido da lexislación sobre propiedade intelectual, polo que se atopan protexidos polas leis e convenios internacionais aplicables na materia.

Queda prohibida calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública, transformación, posta a disposición e, en xeral, calquera outro acto de explotación pública referido tanto ás páxinas web como aos seus contidos e información sen o expreso e previo consentimento por escrito de Corporación Mutua.

En consecuencia, todos os contidos que se mostran nos diferentes sitios web e en especial deseños, textos, gráficos, logos, iconas, botóns, software, nomes comerciais, marcas, debuxos industriais ou calquera outro signo susceptible de utilización industrial e comercial están suxeitos a dereitos de propiedade intelectual e industrial de Corporación Mutua ou de terceiros titulares deles que autorizaron a súa inclusión nos diferentes sitios web.

Os contidos, imaxes, formas, opinións, índices e demais expresións formais que formen parte das páxinas web, así como o software necesario para o funcionamento e visualización destas, constitúen así mesmo unha obra no sentido do dereito de autor e quedan, polo tanto, protexidas polas convencións internacionais e lexislacións nacionais en materia de propiedade intelectual que resulten aplicables. O incumprimento do sinalado implica a comisión de graves actos ilícitos e a súa sanción pola lexislación civil e penal.

Queda prohibido todo acto por virtude do cal os usuarios dos servizos ou contidos poidan explotar ou servirse comercialmente, de xeito directo ou indirecto, na súa totalidade ou parcialmente, de calquera dos contidos, imaxes, formas, índices e demais expresións formais que formen parte das páxinas web sen permiso previo e por escrito de Corporación Mutua.

En concreto, e sen carácter exhaustivo, quedan prohibidos os actos de reprodución, distribución, exhibición, transmisión, retransmisión, emisión en calquera forma, almacenamento en soportes físicos ou lóxicos (por exemplo, disquetes ou disco duro de ordenadores), dixitalización ou posta a disposición desde bases de datos distintas das pertencentes ás autorizadas por Corporación Mutua, así como a súa tradución, adaptación, arranxo ou calquera outra transformación desas opinións, imaxes, formas, índices e demais expresións formais que se poñan a disposición dos usuarios a través dos servizos ou contidos, en tanto tales actos estean sometidos á lexislación aplicable en materia de propiedade intelectual, industrial ou de protección da imaxe.

Corporación Mutua é libre de limitar o acceso ás páxinas web e aos produtos e/ou servizos nela ofrecidos, así como a conseguinte publicación das opinións, observacións, imaxes ou comentarios que os usuarios poidan facerlle chegar a través do correo electrónico.

Corporación Mutua, neste sentido, poderá establecer, se o considera oportuno, sen prexuízo da única e exclusiva responsabilidade dos usuarios, os filtros necesarios co fin de evitar que a través das súas páxinas web poidan verterse na rede contidos ou opinións considerados racistas, xenófobos, discriminatorios, pornográficos, difamatorios ou que, de calquera modo, fomenten a violencia ou a diseminación de contidos claramente ilícitos ou nocivos.

Aqueles usuarios que envíen ás páxinas web de Corporación Mutua, ao seu departamento de suxestións, observacións, opinións ou comentarios por medio do servizo de correo electrónico, agás que expresen de maneira certa e inconfundible o contrario, nos casos nos que pola natureza dos servizos ou contidos iso sexa posible, enténdese que autorizan a Corporación Mutua a reprodución, distribución, exhibición, transmisión, retransmisión, emisión en calquera formato, almacenamento en soportes físicos ou lóxicos (por exemplo, disquetes ou disco duro de computadores), dixitalización, posta a disposición desde bases de datos pertencentes a Corporación Mutua, tradución, adaptación, arranxo ou calquera outra transformación de tales observacións, opinións ou comentarios, por todo o tempo de protección de dereito de autor que estea previsto legalmente. Así mesmo, enténdese que esta autorización faise a título gratuíto, e que polo só feito de enviar por correo electrónico tales observacións, opinións ou comentarios, os usuarios declinan calquera pretensión remuneratoria por parte de Corporación Mutua.

De acordo co sinalado no parágrafo anterior, Corporación Mutua queda autorizada igualmente para proceder á modificación ou alteración de tales observacións, opinións ou comentarios, co fin de adaptalos ás necesidades de formato editorial das páxinas web, sen que por iso poida entenderse que existe en absoluto calquera tipo de lesión de calquera das facultades morais de dereito de autor que os usuarios puidesen ostentar sobre aquelas.

Quedan prohibidos calquera dos recursos técnicos, lóxicos ou tecnolóxicos por virtude dos cales un terceiro poida beneficiarse, directa ou indirectamente, con ou sen lucro, de todos e cada un dos contidos, formas, índices e demais expresións formais que formen parte das páxinas web, ou do esforzo levado a cabo por Corporación Mutua para o seu funcionamento. En concreto, queda prohibido toda ligazón, hiperligazón, framing ou vínculo semellante que poida establecerse en dirección ás páxinas web de Corporación Mutua. Calquera transgresión do disposto neste punto será considerada como lesión dos lexítimos dereitos de propiedade intelectual de Corporación Mutua sobre as páxinas web e todos os seus contidos.

Corporación Mutua non asumirá responsabilidade ningunha ante consecuencias derivadas das condutas e actuacións antes citadas, do mesmo xeito que non asumirá responsabilidade ningunha polos contidos, servizos, produtos, etc. de terceiros aos que se poida acceder directamente ou a través de báners, links , ligazóns, hiperligazóns, framing ou vínculos similares desde os sitios web de Corporación Mutua.

© Corporación Mutua, entidad mancomunada de M.A.T.E.P.S.S. nº 68. Todos los derechos reservados.