Ir a Portada
  • Español
  • Català
  • Euskara
  • Galego
  • Valencià
Inicio » Política de privacidade
Política de privacidade
Política de privacidade

Corporación Mutua é unha entidade de agrupación de mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social (CESMA-MUTUA DE CEUTA SMAT, IBERMUTUAMUR, MAC-MUTUA DE ACCIDENTES DE CANARIAS, MC MUTUAL, MUTUA GALLEGA, MUTUALIA, SOLIMAT e UNIÓN DE MUTUAS), legalmente constituída, entidade mancomunada de mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social, que figura no Rexistro de centros e servizos dependente da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social do Ministerio de Traballo e Inmigración co número 68, informa os usuarios de que cumpre coa vixente normativa de protección de datos e, con carácter especial, coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, a Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, a Lei xeral de sanidade e demais normativa de desenvolvemento no seu ámbito competencial.

De acordo co disposto na normativa vixente, Corporación Mutua só recolle os datos estritamente necesarios para ofrecer os servizos derivados da súa actividade como entidade colaboradora na xestión da Seguridade Social, así como na realización doutras prestacións, servizos e actividades atribuídas pola lei.

Esta política de protección de datos poderá variar co tempo debido aos posibles cambios lexislativos, xurisprudenciais ou dos criterios seguidos pola Axencia Española de Protección de Datos e/ou a autoridade competente en cada momento. É por iso que Corporación Mutua se reserva o dereito a modificar o presente aviso legal para adaptalo a novidades lexislativas ou xurisprudenciais que se atopan vixentes no momento preciso en que se acceda aos sitios web, así como a prácticas do sector.

Nos anteriores supostos, Corporación Mutua anunciará nesta páxina web os cambios introducidos coa suficiente antelación á súa posta en práctica.

Confidencialidade

Todos os datos proporcionados mediante correo electrónico ou formularios electrónicos serán tratados segundo a normativa vixente sobre protección de datos persoais, e, en todo caso, terán carácter confidencial para o persoal da entidade que xestione esa información.

Información sobre a vontade de deixar os datos e as súas consecuencias

Voluntariedade

Infórmase aos usuarios dos sitios web de que as respostas ás preguntas dos formularios de recollida de datos contidos neste sitio web teñen carácter voluntario, se ben a negativa a facilitar os datos solicitados pode comportar a imposibilidade de acceso aos servizos que o requiran.

Consecuencia

Mediante a participación nos formularios incluídos nos diferentes sitios web, relativos a servizos prestados pola entidade, os usuarios aceptan a inclusión e tratamento dos datos que fornezan nun ficheiro de datos de carácter persoal, do cal é titular Corporación Mutua. Pódense exercer os dereitos pertinentes segundo a cláusula seguinte.

Información ao usuario sobre os dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos

Os usuarios poderán exercitar, respecto dos datos obtidos na forma descrita no punto anterior, os dereitos recoñecidos na Lei orgánica 15/1999 e, en particular, os dereitos de acceso, rectificación, oposición e/ou cancelación de datos. Os dereitos mencionados no parágrafo precedente poderán ser exercitados por cada usuario mediante solicitude escrita e asinada, acompañada de fotocopia de DNI ou pasaporte, dirixida ao seguinte enderezo:

Corporación Mutua
C/ Príncipe de Vergara, 108 , 11ª planta. CP 28002 Madrid
A la atención de la Subdirección Administrativo - Financiera

Así mesmo, se un usuario non desexa recibir información profesional vía correo electrónico ou calquera outro medio, poderá comunicalo por calquera medio que quede constancia da súa recepción a Corporación Mutua no enderezo indicado.

Información sobre os datos que se conservan, durante canto tempo e con que finalidade

Datos que se conservan

Exclusivamente datos de contacto (carácter básico), como son o nome, apelido e correo electrónico. Nos formularios de consulta que se atopan na web recóllese aquela información que nos axuda a responder as consultas ou preguntas que nos formulan. Esta información é recibida por Corporación Mutua e nunca é vendida, cedida ou arrendada a outras empresas, exceptuando o caso lóxico para a prestación do servizo.

Corporación Mutua é responsable deses ficheiros de carácter persoal, creados por e para Corporación Mutua, coas finalidades de realizar o mantemento e xestión da relación cos usuarios, información e distribución dos produtos e servizos da organización, así como a realización de actividades diversas.

A finalidade

De igual xeito, comunicámoslle que a información das bases de datos poderá ser usada para a identificación dos usuarios e para a realización de estudos estatísticos dos usuarios rexistrados.

Durante o proceso de recollida de datos, e sempre que se soliciten datos, os usuarios serán informados do carácter obrigatorio ou voluntario da recollida de datos e, en caso de que non se deduza implicitamente do formulario electrónico en cuestión, da necesidade de completalos para que os usuarios accedan a determinados contidos facilitados nos sitios web (contidos profesionais, divulgacións normativas, conversas, foros, etc.).

No seu caso, solicitarase aos usuarios o seu consentimento para que Corporación Mutua poida facer uso dos seus datos co fin de remitirlle información relativa á entidade, ás actividades que desenvolve ou a outros temas relacionados.

Compromiso do usuario para que os seus datos estean inscritos nun ficheiro

Introducir os datos nalgunha ou nalgunhas das follas de captación de datos implica aceptar estas condicións de uso e política de privacidade, dando por entendido que foi informado das condicións de uso e aviso legal destas e que se compromete ao seu enteiro cumprimento durante a navegación e participación na www.corporacionmutua.com.

Evitar a transmisión de datos a terceiras empresas sen consentimento expreso do usuario

Igualmente, e salvo que o usuario fose informado acerca da posible existencia de cesións dos seus datos a terceiros e se obtivese o seu consentimento con respecto a elas, en ningún caso —agás nos amparados pola lexislación vixente— ningún terceiro alleo a Corporación Mutua terá acceso, sen o consentimento expreso dos usuarios, aos seus datos persoais e/ou de navegación. No resto dos casos, Corporación Mutua colaborará para que os terceiros cumpran coa lexislación vixente, se ben a responsabilidade será esixible a eses terceiros.

Corporación Mutua non vende, aluga ou cede os datos persoais dos usuarios desta web, a excepción do caso de ser necesario para a propia prestación do servizo.

Baixa da lista de distribución de información profesional

Ocasionalmente, Corporación Mutua envía un correo electrónico notificando melloras ou novidades que se produzan en calquera destas páxinas web da entidade. En calquera momento poden darse de baixa enviando un correo electrónico a informacion@corporacionmutua.com.

© Corporación Mutua, entidad mancomunada de M.A.T.E.P.S.S. nº 68. Todos los derechos reservados.